Estatutos

CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA (C.N.D.B.)

ESTATUTOS

ARTIGO 1.- Esta Asociación denominase “Club Náutico Deportivo Barraña”. Podendo ser así mesmo utilizados ademais e cando non cause conflicto formal ou legal coa formación anterior, o acrónimo: “C.N.D.B.”, ou ben, a efectos de identificación e difusión do municipio de ubicación, podrase utilizar o termo: “Club Náutico Deportivo Barraña de Boiro”.

ARTIGO 2.-

2.1.- O Club Náutico Deportivo Barraña, é unha Asociación Privada con personalidade xurídica e con capacidade de obrar, cuxo fin é a práctica e o fomento de toda clase de deportes que permitan as súas instalacións, dedicando unha atención prioritaria os deportes náuticos, e tendo como principais modalidades deportivas: a vela, o piragüismo, o windsurf, o buceo, a pesca deportiva, a formación para a obtención de titulacións náuticas. Todo elo sen fin de lucro.

2.2.- As actividades principais desta Asociación terán carácter federativo, afiliándose as Federacións que corresponda, dacordo coa actividade deportiva que realice.

2.3.- Quedan prohibidas as actividades que vaian en contra das leis vixentes, así como as actividades de tipo relixiosas ou políticas.

2.4.- O Club solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

ARTIGO 3.- A Xunta Directiva podrá tomar o acordo de afiliarse a outras Asociaciós e Federacións, refrendado pola Asamblea Xeral.

ARTIGO 4.- A duración desta Asociación será por tempo ilimitado.

ARTIGO 5.- Domicilio social e ámbito territorial.

5.1.- O domicilio social, a efectos legais, establecese no Porto de Escarabote (municipio de Boiro). A Xunta Directiva, podrá acordar polas circunstancias que sexan o traslado do domicilio social na mesma localidade.

5.2.- O ámbito territorial de actuación desta Asociación, será a zona do Barbanza e da ría de Arousa.

ARTIGO 6.- Patrimonio inicial e financiación:

6.1.- O patrimonio inicial está formado polas aportacións no acto constitutivo.

6.2.- Son recursos económicos do Club:

6.2.1.- As cotas periódicas dos socios.

6.2.2.- As aportacións económicas que, en acordo da Asamblea Xeral “ou da Xunta Directiva”, podan ser demandadas os socios.

6.2.3.- As entradas económicas que veñan das prestacións do Club os seus asociados ou terceiros.

6.2.4.- As doazóns, herdanzas, legados e subvencións que procedan de persoas físicas ou xurídicas, así como, de entidades públicas ou privadas.

6.2.5.- Tomar diñeiro a préstamo ou crédito como deuda ou compra-venta de inmobles, sempre realizados dacordo a lexislación vixente e nas condicións establecidas nestes estatutos.

ARTIGO 7.- Normativa.

7.1.- Este Club Náutico, para o seu funcionamento e desenrolo rexirase pola lexislación vixente, os presentes Estatutos e o Regulamento de Réxime Interior.

7.2.- Todalas persoas que teñan ou desenrolen calquera actividade nas seccións deportivas, terán a licenza federativa correspondente, subscrita a través deste Club Náutico, sexan ou non socios, e quedando sometidos as normas de Regulamentos desta Asociación.

CAPITULO II.- OS SOCIOS

ARTIGO 8.-

8.1.- Podrán ser socios as personas que cumpran as normas establecidas por este Club.

8.2.- Todolos socios dentro da súa categoría, terán os mesmos dereitos, ou sexa establecese o principio de igualdade para todolos asociados recollidos na Constitución Española, “coa excepción en canto o dereito a cesión no uso das plazas de amarre, que se outorgará conforme a antigüidade dos mesmos, trala debida solicitude e suxeito a cumprir os prazos de abonos establecidos”.

8.3.- O número de socios será ilimitado. A Xunta Directiva podrá suspender a admisión de novos socios, temporalmente ou por razóns de aforo ou capacidade física das instalacións.

ARTIGO 9.- Clases de socios.

Este Club estará constituido polas seguintes clases de socios:

SOCIOS FUNDADORES

SOCIOS DE HONRA

SOCIOS DE NÚMERO

SOCIOS FAMILIARES

SOCIOS ASPIRANTES

SOCIOS DEPORTIVOS

“SOCIOS COLABORADORES”

9.1.- Terán a consideración de Socios Fundadores os Socios de número que  formalizasen as súas cotas e aportacións antes da data límite fixadas no seu día, contribuiron co seu esforzo económico e moral a fundación do club. Estarán rexistradas no libro de Socios como tales e cos seus datos correspondentes.

9.2.- Serán socios de honra aquelas persoas físicas as que a Xunta Directiva outorgue tal distinción, polo cal gozaran dun posto de preferencia nos actos oficiais deste Club.

9.3.- Serán Socios de número todas aquelas persoas maiores de dezaoito anos, que reúnan os requisitos fixados nestes estatutos e non se encontren comprendidos nalgunhas das categorías seguintes. Para acceder a condición de Socio de número, será necesario que os solicitantes o fagan por escrito, dirixido o Presidente, e avalado por dous Socios de número.

9.4.- Serán socios familiares os cónxuxes dos Socios de número e Socios de honra, así como os fillos menores de quince anos.

9.5.- Serán Socios aspirantes os fillos dos Socios de número que, sendo maiores de quince anos e menores de vintecinco, convivan co Socio titular e así o soliciten.

9.5.1.- A Xunta Directiva, podrá ampliar por períodos de dous anos e por un máximo de dous períodos improrrogables, a condición de Socio aspirante, sempre que demostre que carece de recursos propios e siga convivindo co Socio de número titular. A Xunta Directiva podrá considerar calquer outra excepción reglamentaria.

9.5.2.- Se o Socio aspirante se dan as condicións esixidas nos párrafos anteriores, permanecendo nesta situación un mínimo de tres anos, podrán acceder a condición de Socio de número sen satisfacer cantidade algunha de “cota de Inscrición” nin someterse os requisitos de admisión.

9.5.3- Solicitando a admisión como Socio de número e non posendo a antigüidade esixida no párrafo 9.5.2., terá que satisfacer a parte proporcional da entrada, polo tempo que lle faltase para completar os mencionados tres anos.

9.6.- Serán Socios deportivos as persoas que desexen practicar, a nivel de competición e sempre representando o Club, calquera dos deportes no que o Club teña sección federada. A solicitude para acceder a Socio deportivo será presentada polo Delegado da sección deportiva e aprobada pola Xunta Directiva. Esta condición manterase sempre que teña o informe favorable do Delegado correspondente.

9.6.1.- Se cumpre os requisitos recollidos no artigo anterior, podrá solicitala admisión como Socio de número. A efectos de antigüedade no Club, contaranse os anos que permaneceu como Socio deportivo, senón alcanzase os tres anos nesta categoría,  aplicarase o establecido nos artigos 9.5.2. e 9.5.3., para os socios aspirantes.

9.7.- “Serán socios colaboradores as persoas físicas ou xurídicas que polo seu apoio e dedicación o Club, ben de forma económica ou mediante actos tendentes a conseguir logros e/ou melloras para o Club, así sexan considerados pola Xunta Directiva”.

ARTIGO 10.- Persoas de libre acceso que poidan disfrutar das instalacións e servicios do Club:

10.1.- Os cónxuxes e fillos menores de quince anos dos Socios de honra e Socios de número.

10.2.- Aquelas persoas de significación social e pública elevada, según criterio da Xunta Directiva.

10.3.- Persoas que acrediten ser Socios doutras entidades coas que o Club teña algún convenio de intercambio.

10.4.- Os familiares dos Socios de honra e de número que residan fora dun ámbito territorial do Club e foran por aqueles presentados.

10.5.- Os casos comprendidos nos párrafos 10.3. e 10.4., podrían disfrutar das instalacións e servicios do Club por un período non superior a un mes dentro do mesmo ano, previa solicitude por escrito dirixido o Presidente.

ARTIGO 11.- Dereitos dos socios.

11.1.- “Dereitos dos socios fundadores”:

11.1.1.- Estarán exentos de abono das cotas sociais (cota social, cota de transmisión de cesión de uso, etc.) a excepción da cota de mantemento na cal terán unha bonificación do 50%.

11.1.2.- Gozarán dos mesmos dereitos cos socios de número.

11.2.- Dereitos dos socios de honra:

11.2.1.- Estarán exentos do pago das cotas sociais: exclusivamente cota de Inscrición e cota social.

11.2.2.- Gozarán dos mesmos dereitos cos socios de número.

11.3.- Dereitos dos socios de número:

11.3.1.- Coñecer e participar nas actividades do Club.

11.3.2.- Contribuir o cumprimento dos fins específicos do Club Náutico.

11.3.3.- Ser elector e elixible para cargos directivos. Para resultar elixibles deberán contar, ademais, cunha antiguidade mínima de tres anos como Socios de número.

11.3.4.- Exercer os seus dereitos con voz e voto nas Asambleas, así como, propor iniciativas e melloras a Xunta Directiva.

11.3.5.- Facer uso das instalacións e servicios do Club atendose o regramento correspondente.

11.3.6.- Ter acceso a documentación Xeral e Contable, previa petición por escrito e razoada a Xunta Directiva.

11.3.7.- Pode, para a admisión dos novos socios, avalar as solicitudes.

11.3.8.- Exercer en calquer expediente disciplinario que fose incoado, a defensa de si mesmo ou representando a outro socio.

11.3.9.- Esixir cas Asociacións se axuste o disposto pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o establecido nos presentes estatutos, e impugnar os acordos sociais ante os órganos competentes das Federaciones deportivas e o Comité Galego de Xusticia Deportiva.

11.3.10.- “Podrán transmitir a súa condición de socio a calquera persoa maior de idade, sempre e cando sea aceptada dita persoa pola Xunta Directiva, dentro das súas prerrogativas; para o cal deberá poñer en coñocemento da mesma a súa intención de transmitir a súa calidade de socio (e o seu número), tendo que decidir a Xunta Directica sobre dita petición no prazo máximo dun mes dende tal solicitude”.

11.4.- Dereitos dos socios aspirantes:

11.4.1.- Desfrutan de todolos dereitos de Socio de número, excepto os contemplados nos páragrafos: 11.3.3, 11.2.4, 11.2.6, 11.2.7 y 11.3.10.

11.5.- Dereitos dos socios deportivos:

11.5.1.- Disfrutar das instalacións e servicios do Club, atendose o regramento correspondente.

11.5.2.- Disfrutar do dereito recoñecido no apartado 11.3.8 os socios de número, e propoñer iniciativas e melloras a Xunta Directiva.

11.6.- Dereitos dos socios colaboradores:

11.6.1- “Estarán exentos do pago das cotas de Inscrición.

A Xunta Directiva podrá acordar discrecionalmente, e de consideralo oportuno, unha bonificación, ou ben, a exención do abono a cota social”.

11.6.2.- Gozarán dos mesmos dereitos cos socios de número.

ARTIGO 12.- Obligacións dos socios:

12.1.- Cumprir e aceptar o disposto nos Estatutos, Regulamentos de Réximen interior e os acordos tomados pola Xunta Directiva.

12.2.- Aboar as cotas que marque a Xunta Directiva, e as aportacións extraordinarias que legalmente se adopten polo acordo da Asamblea Xeral. Os socios con plaza de amarre cedida aboarán a cota social según os metros de amarre da praza.

12.3.- Observar dentro do Club o mais riguroso respeto os usos sociais, en consonancia coas normas de convivencia social, que será a que presida a vida diaria dos seus Socios.

12.4.- Aceptar e cumprir as indicacións feitas polo persoal do Club, en execución do disposto pola Xunta Directiva.

12.5.- Comunicar por escrito, dirixido a Xunta Directiva, todo cambio de situación familiar de domicilio ou calquera outra circunstancia que faga variar a súa relación persoal co Club. Tamén presentara do mesmo modo todalas suxerencias, queixas ou reclamacións que desexen formular.

ARTIGO 13.- Baixas dos socios.

13.1.- Serán baixas definitivas os socios polas seguintes causas:

13.1.1.- Por falecemento do titular.

13.1.2.- Por vontade propia, cando o socio o comunique a Xunta Directiva mediante escrito dirixido o Presidente.

13.1.3.- Cando se produza a falta de pago das cotas sociais durante tres mensualidades. Para os socios con abono anual contaran os tres meses seguintes a data de presentación o cobro do recibo correspondente. As excepcións, debidamente xustificadas, quedarán sometidas a consideración da Xunta Directiva.

13.1.4.- Cando sexan desatendidas as cotas extraordinarias dentro dos tres meses de emitidas as mesmas.

13.1.5.- Por acordo da Xunta Directiva, en resolución de expediente disciplinario, en aplicación do Regulamento correspondente.

13.2.- Serán baixas temporais os socios polas seguientes causas:

13.2.1.- O socio podrá solicitar a baixa temporal, cando por razóns de traballo estudio ou circunstancia transitoria, traslade a sua residencia fora do ámbito do Club, por un período mínimo dun ano. A solicitude farase por escrito dirixido o Presidente. Sendo a concesión do beneficio de baixa temporal acordada pola Xunta Directiva.

13.2.2.- Calquera outra falta que non revista carácter de grave, a xuicio da Xunta Directiva, podrá ser sancionada por ésta, coa suspensión temporal dos dereitos de socio. Consideraranse estas faltas, toda infracción os Estatutos, os Regulamentos de Réxime Interior, desobediencia os acordos da Asamblea Xeral e Xunta Directiva, a ofensa a outro socio e conductas incorrectas dentro das instalacións de xurisdicción do Club.

CAPÍTULO III.- OS ÓRGANOS DE GOBERNO

ARTIGO 14.- Son órganos de goberno, dirección e administración:

 A Asamblea Xeral.

O Presidente.

14.1.- A Asamblea Xeral é o órgano soberano do Club e estará integrada por todolos socios de acordo os dereitos que marcan os presentes Estatutos tendo éstes dereitos a asistir e a votar, podendo válidamente delegar este dereito en outro socio. Ningún socio podrá representar a mais de dous socios realizando esta representación por escrito e só para cada asamblea.

Corresponde a Asamblea Xeral a decisión sobre cantos asuntos sexan sometidos a súa consideración.

Os acordos da Asamblea Xeral serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen perxuicio, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación ante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou ante o Comité Galego de Xusticia Deportiva.

14.2.- Podrá tomar todolos acordos necesarios para o desenrolo das actividades do Club e as súas decisións serán vinculantes para todolos Socios.

14.3.- O Presidente será elexido pola Asamblea Xeral de Socios.

ARTIGO 15.- Clases de Asambleas.

15.1.- Asamblea Ordinaria.

15.1.1.- A Asamblea Ordinaria ten que reunirse polo menos unha vez o ano, dentro dos últimos quince días do mes de Marzo. Además doutros temas incluirá: Estado de contas do ano anterior, Memoria do exercicio, Presuposto e Plan de actividades do exercicio seguinte.

15.2.- Asamblea Extraordinaria

5.2.1.- Será convocada pola Xunta Directiva, ben pola decisión propia ou a estancia do dez por cento como mínimo dos Socios en plenitude de dereitos.

15.2.2.- A petición realizarana os socios en escrito dirixido o Presidente, na que se farán cosntar os motivos e a orden do día da mesma. Esta Asamblea será convocada, salvo en casos excepcionais ou de forza maior, nun plazo máximo dun mes a contar dende a data de recepción nas oficinas do Club.

15.3.- Será convocada para concertar opcións de préstamos, créditos, financiación, constitución de hipotecas e operacións de compraventa de inmobles, sempre e cando a cuantía de calquera destas operacións supere o dez por cento do presuposto anual da Asociación.

15.4.- Convocarase para a resolución da Moción de Censura que se poida presentar contra a xestión da Xunta Directiva, ou dimisión da mesma.

15.5.- Para a absorción ou fusión con outras Sociedades.

ARTIGO 16.- Convocatoria e constitución das Asambleas.

16.1.- As Asambleas Ordinarias ou Extraordinarias, serán convocadas pola Xunta Directiva con o menos quince días de antelación a súa celebración.

16.2.- O anuncio da Asamblea será exposta no tablón de anuncios do Club, na páxina web do Club e mediante o listaxe de distribución de correo electrónico persoal dispoñible polo Club e publicarase na prensa e notificaraselle por carta a cada socio a convocatoria, co orde do día establecido. Dito anuncio levarase a cabo cunha anticipación non inferior a 15 días, sen perxuicio de que se poidan adoptar accións encamiñadas a recordar tal convocatoria nas datas próximas a data da Asamblea.

16.3.- Na convocatoria farase constar: A clase de Asamblea, a data e lugar de celebración, a hora de primeira y segunda convocatoria, os puntos do orde do día.

16.4.- As Asambleas serán convocadas na primera e segunda convocatoria. Salvo en aqueles casos nos que expresamente establezan outra cousa os presentes estatutos, quedará válidamente constituida na primeira convocatoria, cando se atopen presentes a mitad mais un dos socios con dereito de voto, e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asistentes, sempre que fora regularmente convocada.

ARTIGO 17.- Funcións e funcionamento

17.1.- Corresponde en exclusiva a Asamblea censurar a xestión da Xunta Directiva, aprobar ou rexeitar as contas do exercicio económico, aprobar o presuposto de ingresos ou gastos; decidir sobre a realización de operacións de préstamos, créditos, financiación, constitución de hipótecas e operacións de compraventa de inmobles, sempre e cando a cuantía de calquera destas operacións supere o dez por cento do presuposto anual da Asociación, ou cando se trate de actos dispositivos a título gratuito ou de avalar ou afianzar a outras persoas físicas ou xurídicas, e decidir sobre o exercicio de accións xudiciais contra os membros da Xunta Directiva polo mal desemprego dos seus cargos.

17.2.- O socio que desee formular algunha proposta que sexa debatida na Asamblea, deberá ser presentada polo escrito dirixido o Presidente do Club, con dez días de antelación, polo menos, da convocatoria da mesma; a cal vendrá debidamente documentada e avalada polo menos o dez por cento dos socios de número. Estando nestas condicións a proposta debe incluirse obligatoriamente no orden do día da primera Asamblea Ordinaria que se celebre.

17.3.- Durante a Asamblea non se podrá tratar ningún tema que non figure no Orden do día.

17.4.- Salvo naqueles casos en que expresamente establezan outra cousa os presentes Estatutos, os acordos da Asamblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos votos emitidos. En caso de empate o Presidente exercerá o voto de calidad.

17.5.- As votacións podrán ser: 1) a man alzada, 2) nominais, cando o soliciten a mitade mais un dos asistentes, relizándose a votación mediante introducción de papeletas nunha urna.

17.6.- Actuará de Presidente da Asamblea o que o sexa da Xunta Directiva. O Presidente declarará o inicio e o fin da Asamblea, concederá o uso da palabra e determinará o tempo das intervencións, e cando deben darse por concluidas.

ARTIGO 18.- A Xunta Directiva é o órgano permanente de dirección, administración, goberno e representación do Club.

18.1.- A Xunta Directiva estará formada por un número de  membros non inferior a cinco persoas, nin superior a quince. Estará integrada o menos polos seguintes cargos:

Presidente

Vicepresidente

Comodoro

Secretario

Tesoreiro

Contador

Os que se podrán engadir os vocais necesarios entre os que se nombrarán presidentes das distintas seccións, deportivas, culturais, réximen interior, etc.

18.2.- Vacantes, ceses e dimisións da Xunta Directiva.

18.2.1.- Se na Xunta Directiva se produxera algunha baixa, o Presidente propondrá a algún socio, que reúna os requisitos legais para desempeñar cargos directivos. Esta proposta tendrá que ser aceptada pola maioría da Xunta Directiva e comunicada os socios.

18.2.2.- Si se produxera o cese ou dimisión da mitad mais un dos compoñentes da Xunta Directiva, ésta cesará automáticamente nas súas funcións, debéndose convocar no prazo de oito días hábiles, eleccións para nominar nova Xunta Directiva, correspondendo neste caso a competencia para convocar dita Asamblea a calquera dos membros da Xunta cesante.

18.2.3.- A dimisión do Presidente dará lugar o cese de toda a Xunta Directiva continuando ésta exercendo o seu cometido “en funcións” ata a toma de posesión da nova Xunta.

ARTIGO 19.- Funcións e funcionamento da Xunta Directiva.

19.1.- É competencia da Xunta Directiva.

19.1.1.- Elaborar anualmente o presuposto de ingresos e gastos e somete-los a aprobación da Asamblea Xeral.

19.1.2.- Establecer un programa de actuacións do Club no orde deportivo e cultural.

19.1.3.- “A Xunta Directiva decidirá a cuantía das cotas de inscrición, das cotas sociais e da cesión do uso da lámina de auga a favor dos socios, concretada nunha ou varias plazas de amarre (no seu caso), facendoo de forma tal que reverta no beneficio do Club, así como o nombramento das persoas que teñan a condición de socios de honra e colaboradores, e admitir ou non a quenes pretendan ingresar no club como socios, así como permitir ou non a entrada as instalacións reservadas os socios e en zonas comúns e abertas a persoas que non sexan socios, en atención as circunstancias”.

19.1.4.- Aprobar as normas de Réximen Interior no que se refiere o uso dos elementos e instalacións do Club, e tarifas correspondentes.

19.1.5.- Realizar as accións necesarias para a consecución dos fins encomendados polos acordos a Asamblea Xeral.

19.1.6.- Acordar a realización de todolos actos necesarios para a consecución dos fins da Asociación, e en concreto, decidir a celebración de negocios ou contratos de calquer tipo, asumindo obrigacións e/ou adquirindo dereitos, así como decidir a realización, respecto dos bens e dereitos da asociación, de toda clase de actos de administración, adquisición, disposición a título oneroso, configurativos ou de riguroso dominio.

19.1.7.- Facultar o Presidente para que outorgue os poderes que foran necesarios e, en concreto, poderes a Letrados ou outras persoas con capacidade de representación ante os Tribunais e Organismos da Administración.

19.1.8.- A Xunta Directiva, en representación do Club como titular concesionario das instalacións, podrá ceder dito uso asinando as plazas de amarre os socios que o soliciten, seguindo o orde de antigüedade dos mesmos e das preferencias de eslora que fora manifestado, intentando conciliar ambas circunstancias, sendo condición imprescindible haber aboado previamente a cota acordada pola Xunta para tal menester dentro do prazo esixido.

19.1.9.- Unha vez asinadas as prazas de amarre os socios, se por motivos de ampliación das prazas de amarre do Club, fora necesario reordenar a asignación de ditas prazas, podrá a Xunta Directiva decidilo, sen mais condicións ca de efectualo no beneficio do interés xeral do Club e/ou dos socios.

19.1.10.- A Xunta Directiva aprobará a transmisión da cesión do uso dun socio a favor doutro, debendo o cesionario aboar o Club en concepto de “cota de transmisión de cesión de uso”, o 15% do valor inicial da “cota de cesión de uso” (sen actualización anual conforme I.P.C.), en concepto de gastos de xestión do asento da nova situación da cesión de uso.

19.1.11.-  A Xunta Directiva podrá revocar discrecionalmente a transmisión de cesión de uso da praza de amarre se o mesmo non é utilizado nun período de oito meses, salvo que elo obedeza a causa xustificada, a criterio da Xunta Directiva. En caso da revocación citada, devolveraselle o socio o importe aboado proporcionalmente por aquel e en concepto de cesión do uso da praza de amarre.

19.2.- A Xunta Directiva reunirase polo menos unha vez o mes, ou as veces que se considere necesario pola decisión do Presidente ou cando o soliciten tres membros da Xunta Directiva.

19.3.- A Xunta quedará válidamente constituida cando concurran a reunión, presentes ou representados por outro membro da Xunta, a mitade mais un por defecto, dos seus membros. A representación conferirase mediante carta dirixida o Presidente.

19.4.- As decisións que se acordan na Xunta Directiva, serano por maioría. No seu caso de empate o Presidente exercerá o voto de calidade.

19.5.- Os cargos da Xunta Directiva serán desempeñados gratuitamente. Só se reembolsarán os gastos debidamente xustificados, que foran ocasionados polo desempeño das funcións.

19.6.- Corresponde a Xunta Directiva manter o orde e a disciplina no Club.

19.7.- En todo caso, os directivos responderán frente os socios, o Club ou a terceiras persoas por culpa ou neglixencia grave.

ARTÍCULO 20.- Atribucións os cargos directivos.

20.1.- O Presidente.

20.1.1.- Será o socio elexido para ser o representante da Xunta Directiva, e por tanto, do Club, sendo ademais o executor nato dos seus acordos por sí ou por delegación nalgún dos seus directivos.

20.1.2.- Son as súas funcións:

20.1.2.1.- Presidir as Asambleas Xerais, as reunións da Xunta Directiva e os actos Públicos ou privados organizados polo Club.

20.1.2.2.- Comparecer no nome do Club ante todo tipo de autoridades, Xuíces, Tribunais, Notarios, Rexistradores, etc., e en xeral, calquera persoa ou entidade. E en concreto, instar a autorización, e no seu caso respostar, de actas notariais de requerimento, notificación e/ou presenza.

20.1.2.3.- Representar a asociación, previo acordo da Xunta Directiva (certificado polo Secretario co Visto Bo do Presidente), na formalización de toda clase de negocios ou contratos, asumindo obrigacións e/ou adquirindo dereitos, e na realización de toda clase de actos da Administración, adquisición, disposición, configurativoso de riguroso dominio respecto os bens e dereitos da Asociación.

20.1.2.4.- Intervir coa súa firma os documentos públicos, contables e administrativos ou calquer contrato, que fora acordado polo órgano competente.

20.1.2.5.- Firmar os poderes, para pleitos ou de outro tipo que resulten necesarios previo acordo da Xunta Directiva (Certificado polo secretario co Visto Bo do Presidente).

20.1.2.6.- Convocar as reunións dos órganos de Goberno da Sociedade.

20.1.2.7.- Autorizar co seu “visto bo” os libros de actas e de contabilidade e as certificacións emitidas polo Secretario.

20.1.2.8.- Contar co voto de calidade para dirimir calquer caso de empate nas reunións da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral.

20.1.2.9.- Efectuar, co consentimento da Xunta Directiva, e seguindo criterios de racionalización e eficacia, nombramentos, ceses e cambios de postos e funcións na súa Xunta Directiva.

20.2.- O Vicepresidente.

20.2.1.- Correspondelle a suplencia do Presidente nos casos de morte, ausencia, incapacidade ou imposibilidade, tendo entón as súas mesmas facultades.

20.2.2.- Asumir as funcións que expresamente lles sexan delegadas polo Presidente.

20.3.- O Comodoro.

20.3.1.- Correspondelle as funcións propias da dirección de tódalas actividades náuticas e deportivas do Club.

20.3.2.- Levar un libro de Rexistro de todalas embarcacións afiliadas o Club, e das que con carácter transitorio utilicen as intalacións do Club.

20.4.- O Secretario.

20.4.1.- Levantará acta das sesións dos órganos de dirección do Club. Para elo levará un libro para as Asambleas e outro para a Xunta Directiva.

20.4.2.- Expedir certificacións das Actas.

20.4.3.- Advertir das posibles transgresións dos Estatutos no que se poidera incurrir na adopción de acordos por parte dos órganos de Goberno.

20.4.4.- Dar conta a Xunta Directiva das comunicacións, oficios, proposicións e canta correspondencia e documentación se reciban na Sociedade.

20.4.5.-  Correspondelle a custodia de tódolos documentos, así como libro de Socios que terá o Club.

20.5.- O Tesoreiro.

20.5.1.- Correspondelle exercer o control de movementos de pagos ou ingresos e a custodia das facturas, listados de contas e movementos das mesmas.

20.5.2.- Para calquer disposición de fondos, requirirá sempre a súa firma, xunto coa do Presidente ou quen o supla.

20.5.3.- Colaborará co Contador no estudio e confección dos presupostos.

20.5.4.- En caso de falecemento, incapacidade ou ausencia, suplirase baixo a súa responsabilidade o Secretario.

20.6.- O Contador.

20.6.1.- Correspondelle o Contador organizar o sistema administrativo e contable.

20.6.2.- O control de xestión dos recursos financieiros do Club.

20.6.3.- A elaboración dos presupostos.

20.6.4.- Dispor coa súa firma mancomunada coa do Presidente das contas bancarias, cando non esté o Tesoreiro.

CAPÍTULO IV.- REXIME ELECTORAL.

ARTÍGO 21.- Normas Xerais

21.1.- As eleccións da Xunta Directiva celebraranse cada catro anos, ou no seu caso de dimisión ou cese do Presidente, ou que se cumpra o previsto no artígo 18.2.2.

21.2.- Para a elección da Xunta Directiva crearase unha Xunta Electoral entre os socios de número, que dirixirá o proceso de eleccións dacordo cos Estatutos.

21.3.- A Xunta Electoral gozará de plenas facultades para resolver tódalas cuestións que poideran presentarse durante o proceso electoral e relacionadas co mesmo.

ARTIGO 22.- Candidaturas

22.1.-  As condicións para optar a cargos da Xunta Directiva serán:

22.1.1.- Ser Socio de Número.

22.1.2.- Ter unha antigüedade mínima de tres anos. Se entre os candidatos non se presentase ningún socio coa antigüedade mencionada, admitirase que concurran o proceso de elección socios non suxeitos a dita condición de antigüedade.

22.1.3.- Estar o corrente no cumprimento das súas obrigacións como socio.

22.1.4.- Non ter ningún expedente aberto ou toparse baixo sanción en aplicación do Réxime Interno ou Disciplinario.

22.1.5.- A Candidatura terá que ser avalada por o dez por cento dos Socios de Número con dereito a voto.

22.1.6.- Non podrá estar desempeñando cargos directivos noutras Sociedades Deportivas ou de Lecer.

ARTIGO 23.- Prazo e calendario.

23.1.- As eleccións convocaranse pola Xunta Directiva nun prazo de oito días hábiles, o fin do mandato do Presidente ou no seu caso de cese ou dimisión deste, continuando a Xunta nos seus cargos “en funcións”, ata a toma de posesión da nova Xunta.

23.2.- No momento no que se convoquen eleccións a Xunta Electoral asumirá as funcións propias do seu cometido e cesará o mesmo día no que tome posesión a nova Xunta Directiva.

23.3.- A convocatoria de eleccións deberá ser anunciada con trinta días de antelación a celebración da mesma e con arreglo a siguiente orde:

23.3.1.- Día primeiro. Convocatoria de eleccións cun anuncio no periódico, na páxina web e no tablón de anuncios do Club.

23.3.2.- Día decimoquinto. Ultimo día para a presentación de programas electorais na Secretaría do Club.

23.3.3.- Día decimoséptimo. Proclamación das candidaturas e dos programas electorais das mesmas; as que sexan aprobadas serán expostas no tablón de anuncios do Club.

23.3.4.- Día vixésimo quinto.- Último día de impugnación das candidaturas.

23.3.5.- Día trixésimo. Efectuarase a votación das 9 a 21 horas, ininterrumpidamente, na sede social do Club.

23.3.6.- Día trixésimo séptimo. Toma de posesión da nova Xunta Directiva.

ARTIGO 24.- Exposición e impugnación das candidaturas

24.1.- A candidaturas presentadas e que reúnan os requisitos esixidos para a súa proclamación, serán expostas no tablón de anuncios do Club, cunha antelación mínima de dez días a celebración da votación.

24.2.- Unha vez aceptadas e expostas as candidaturas, os socios podrán facer as impugnacións pertinentes ata cinco días antes da votación.

24.3.- A instancias da Xunta Electoral, a Xunta Directiva, facilitará as distintas candidaturas, os espacios e os medios dispoñibles para que os candidatos poidan expoñer os seus programas os Socios.

ARTIGO 25.- Das votacións.

25.1.- Para exercer o dereito o voto, requirese:

25.1.1.- Ser socio de número.

25.1.2.- Estar o corrente no concernente as súas obligacións como socios; e non toparse cumprindo sanción pola aplicación do Réxime Disciplinario do Club.

25.2.- O voto será emitido polo socio persoalmente, previa acreditación persoal, ou farase de forma directa, libre e secreta mediante papeleta que introducirá na urna correspondente.

25.2.1.- O voto por correo será válido, sempre e cando se reciba con venticatro horas de antelación o día da votación, na oficina do Club.

25.3.- Na papeleta, cuxo modelo será fixado pola Xunta Electoral, figurará a Candidatura da Xunta Directiva, co seu Presidente en primeiro lugar.

ARTIGO 26.- Mesa de votación

26.1.- A mesa de votación estará formada pola Xunta Electoral e os interventores que as candidaturas poñan se o desexan.

26.2.- Finalizada a votación procederase o reconto e comprobación dos votos emitidos.

26.3.- A Xunta Electoral, coñecido o resultado, levantará a acta correspondente que será firmada polo Presidente da Xunta Electoral, e os interventores se os hubera.

26.4.- Será proclamada ganadora a candidatura que obtuvera a maioría.

CAPÍTULO V. RÉXIME DISCIPLINARIO.

ARTIGO 27.- No relativo o réxime disciplinario.

27.1.- Os órganos e os socios estarán sometidos o regulamento disciplinario ou de réxime interior do Club e o disposto no Título VII da Lei 3/2012 Xeral do Deporte de Galicia e normativa de desenrolo da mesma.

27.2.- A Comisión de Disciplina formarase cando sexa necesario instruir expediente disciplinario por iniciativa propia, polas accións ou omisións dos Socios, propoñendo, se hai lugar, a sanción ante a Xunta Directiva.

27.3.- Esta comisión estará integrada polos tres membros que serán elexidos entre os Socios de número en plenitud de dereitos.

27.4.- A instrucción do expediente, a tipificación de falta, o réxime de sancións e o procedemento de apelación deberá quedar desenrolado no Regulamento de Réxime Interior.

27.5.- As sancións impostas deberán ser recurridas ante a Xunta Directiva e apeladas ante a Asamblea Xeral, e Federacións correspondentes.

27.6.- O Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán frente os socios, o Club o os terceiros dos perxuicios que ocasionare pola culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e a orde xurídico vixente.

CAPITULO VI.- REXIME ECONOMICO, PATRIMONIAL, ADMINISTRATIVO E DOCUMENTAL.

ARTIGO 28.- Do Réxime Económico.

28.1.- A xestión económica do Club fundamentase no presuposto, no que se considerarán as obrigas contraídas e as necesarias para o desenrolo dos seus fins e o cálculo dos recursos e as medidas financieiras para atendelos.

28.2.- Corresponde a Xunta Directiva o estudio e a elaboración dos presupostos para a súa presentación e defensa ante a Asamblea Xeral.

ARTIGO 29.- Do Réxime Patrimonial.

29.1.- Compoñeno as concesións, marcas e bens mobles e inmobles que figuran debidamente rexistrados no Libro de Patrimonio. Da súa variación darase conta os Socios na Primeira Asamblea Xeral que se celebre.

ARTIGO 30.- Do Réxime Administrativo.

30.1.- A xestión Administrativa corresponde a Xunta Directiva.

30.2.- A contabilidade e o presuposto axustarase o Plan Xeral Contable e as demais normas administrativas vixentes.

30.3.- Os documentos contables serán intervidos coa firma do Tesoreiro, ou no seu lugar o Contador e co visto bo do Presidente.

ARTIGO 31.- Do Réxime Documental.

31.1.- O rexistro documental deste Club estará integrado en:

31.1.1.- Libro de Rexistro de Socios.

31.1.2.- Libro de Actas da Xunta Directiva.

31.1.3.- Libro de Actas das Asambleas Xerais.

31.1.4.- Libros de Contabilidade.

CAPITULO VII.- MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS.

ARTÍGO 32.- Da modificación dos Estatutos.

32.1.- A modificación destes Estatutos corresponde a Asamblea Xeral que será convocada con carácter extraordinario e a este so efecto.

32.2.- A iniciativa para a reforma podrá ser presentada pola Xunta a Instancia dun  número de Socios non inferior o 10% con dereito a voto.

32.3.- Cando a modificación sexa proposta polos Socios, ésta deberá presentarse mediante escrito, dirixido o Presidente, e facendo constar, de maneira razoada, artígos a modificar.

32.4.- Para que o acordo de modificación sexa válido, será preciso a maioría calificada dos dous tercios dos Socios asistentes a Asamblea.

CAPÍTULO VIII.- DISOLUCIÓN DA SOCIEDAD.

ARTIGO 33.- Da disolución da Sociedade.

33.1.- A disolución desta sociedade soamente podrase levar a efecto mediante acordo tomado pola Asamblea Xeral convocada a tal efecto e con carácter extraordinario.

33.2.- O acordo de disolución deberá ser tomado pola Asamblea correspondente pola maioría calificada dos dous tercios dos Socios presente en dicha Asamblea, sendo necesario para tomar este acordo a concurrencia a mesma de o menos un dez por cento dos Socios con dereito a voto. De non toparse presentes na mencionada Asamblea o dez por cento dos Socios con dereito a voto, convocarase no prazo non superior a quince días naturais, nova Asamblea Xeral co único punto do orde do día da Asamblea anterior e na cal os acordos serán válidos cos votos da maioría dos dous tercios dos Socios con dereito a voto, que se topen presentes.

33.3.- Acordada a disolución con carácter firme, constituirase unha Comisión Liquidadora, integrada pola Xunta Directiva e sete Socios mais elexidos pola propia Asamblea.

33.4.- Na mesma Asamblea decidirase o destino dos activos, despois de liquidar tódalas obrigas, deuda e cargas contraídas pola Sociedade. Os bens sobrantes aplicaranse a fins análogos de carácter deportivo.

En canto o deportivo atenderase o establecido na Lei do Deporte.

DISPOSICIÓN FINAL

A Asamblea queda facultada para resolver tódalas cuestións que non estivesen contempladas nos presentes Estatutos e no Regulamento de Réxime Interior.