O Club Náutico Deportivo Barraña convoca a todos os seus socios á Asemblea Ordinaria, que terá lugar o vindeiro 4 de xullo de 2026 no Salón de Actos do Centro Social de Escarabote (Porto de Escarabote). A reunión celebrarase ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda convocatoria.

Orde do día

Durante a sesión abordaranse os seguintes asuntos:

  1. Lectura e aprobación da acta da asemblea celebrada o 19 de xullo de 2025.
  2. Presentación e aprobación das contas correspondentes ao exercicio 2025.
  3. Proposta de modificación dos Estatutos Sociais.
  4. Debate e aprobación das opcións relativas ás cotas sociais para socios actuais e novas incorporacións.
  5. Ratificación do acordo da Xunta Directiva sobre a colocación das bandeiras a media asta os días 31 de decembro e 1 de xaneiro en recordo dos socios e familiares directos falecidos.
  6. Rogos e preguntas.

Participación e delegación de voto

Lémbrase aos socios que, de non poder asistir persoalmente, poderán delegar o seu voto noutro socio de acordo co establecido nos Estatutos do Club. A documentación necesaria para a delegación e para a votación estará dispoñible xunto coa convocatoria.

A Xunta Directiva anima a todos os socios a participar nesta reunión, fundamental para a toma de decisións e o futuro da nosa entidade.

Boiro, 11 de xuño de 2026
Club Náutico Deportivo Barraña

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA SOCIOS.pdf