O Club Náutico Deportivo Barraña de Boiro atópase situado no centro da poboación de Escarabote e moi próximo ó casco urbano de Boiro, concretamente na parte Norte do Porto de Escarabote (42° 38,2′ N, 008° 54,1′ W) no interior da Ría de Arousa e na súa zona Norte, nun dos enclaves de maior potencial e desenvolvemento turístico da Costa Galega.
DATOS DO DERROTEIRO (ver Derroteiro da Costa NW de España-Ministerio de Defensa)
-Porto de Escarabote: De punta do Trave, avanza cara o E un espigón de abrigo duns 190 m de lonxitud, acodado na súa medianía cara ENE e cun pequeño muelle de atraque no seu parámetro interior e unha rampa de varada no seu inicio. Forma un pequeno porto para abrigo de pesqueiros e outras embarcacions menores.
O extremo da súa escollera atópase balizado por unha luz (ver Libro de Faros e Sinais do Instituto Hidrográfico da Marina. Ministerio de Defensa)
Río de Coroño.- Torre Goiáns.- O río forma na desembocadura un semicírculo areoso que descubre case todo, cruzado por algúns canalizos de pouca auga. A posesión de Goiáns, cunha elevada torre é moi característica polo seu aspecto señorial, exténdese ata este banco areoso, que a bordea pola parte do mar.
Na desembocadura do río Coroño construíuse unha ponte que une a praia de Barraña coaa outra veira.
Praia Barraña.- Exténdese en forma de arco nunha lonxitude de 1,5 Km entre a desembocadura do río de Coroño e os arrecifes das Marxas ou Insuas que rodean o porto de Esteiro.