O Club Náutico Deportivo Barraña, recoñecido na NocheQ 2026
A gala NocheQ 26, celebrada o 22 de xaneiro no Palacio de Cibeles de Madrid, reuniu a preto de mil profesionais do sector turístico español para poñer en valor a Calidade e a Sustentabilidade Turística certificada.
Durante o acto fíxose entrega dos diplomas Q de Calidade e S de Sustentabilidade Turística ás entidades certificadas ao longo de 2025. Entre elas, o Club Náutico Deportivo Barraña, recoñecido polo seu compromiso coa excelencia, a mellora continua e unha xestión turística responsable e sostible.
Desde o club queremos agradecer ao alcalde de Boiro e á concelleira de Cultura por representar ao Club Náutico Deportivo Barraña no evento e por recoller o distintivo, un xesto que reforza a colaboración institucional e o apoio ao deporte náutico e ao turismo de calidade no noso concello




